A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) convocan a
XVIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega)
que celebrarase o venres día 17 de febreiro de 2023 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Terá lugar unha fase previa o 3 de febreiro na modalidade online segundo o indicado nas bases.

Poderán participar todos os estudantes que estean matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2022-2023, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados nas bases.

Prazo de inscrición: entre o luns 14 de novembro e o xoves 22 de decembro de 2022

Máis información: http://olimpiadadebiologia.edu.es/la-competicion/fase-autonomica/galicia/

As consultas relacionadas coa inscrición deberán dirixirse a: olimpiadabioloxia@biologosdegalicia.org