Modernización tecnolóxica do Colexio

O Colexio foi adxudicatario o presente ano dunha axuda da Deputación da Coruña, para a actualización de equipos informáticos e o programa de xestión do colexio, dentro do programa FOENIA- Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades para investimentos de promoción económica, durante o ano 2022 (Expediente nº: 20220000147069), por un importe de 6565,45 euros. A axuda permitiu a compra de dous ordenadores para a sede colexial e o substitución do programa de xestión de colexiados/as pola plataforma E-gestión.

Na presentación, desenvolvemento e difusión social do proxecto foi empregada a lingua galega.