II REDE PARA A RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS NO PNMT ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

A supervivencia e o equilibrio de calquera ecosistema ten os seus piares máis fortes na conservación da biodiversidade, e neste senso, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, coa súa abraiante biodiversidade, convírtese nun área protexida da que se benefician os seus ecosistemas ademáis dos sectores socioeconómicos da súa propia área de influencia.

Así e todo, o aproveitamento dos seus recursos, xunto coa convivencia das especies alí presentes, leva aparellada unha serie de ameazas que poden chegar a rachar o equilibrio ecosistémico e socioeconómico se non se toman as medidas oportunas en tempo e forma.

A grave problemática que suponen os lixos mariños na actualidade en todo o planeta, é unha realidade da que tristemente o Parque Nacional non escapa, e é por isto, e co obxectivo primordial de minimizar e previr a perda de biodiversidade, polo que no ano 2018 se decidiu actuar nun dos enclaves do Parque Nacional, en concreto no arquipélago de Sálvora, onde a “Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia” desenvolveu unha chea de actividades encamiñadas a paliar na maior medida do posible este preocupante problema.

Tralo éxito da campaña do 2018 no arquipélago de Sálvora, e coa experiencia adquirida ao longo de todo o ano, neste ano 2019 decidíuse continuar nesta mesma liña de actuación pero estendéndoa e focalizándoa noutros dos arquipélagos do PNMTIAG, os de Ons e Cortegada.

O PROXECTO

A esta “II Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia” cuxos traballos van a desenvolver ao longo deste ano 2019 o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) en condición de socio, súmaselles tamén, e coa mesma figura que o parque nacional o Instituto Español de Oceanografía (IEO).

Do mesmo xeito que no ano precedente, contaremos dentro do proxecto coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecolódica por medio do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), dentro dunha iniciativa enmarcada no proxecto LIFE IP INTEMARES “Gestión integrada, innovadora, y participativa de la Red Natura 2000 en el medio marino español”.

COLABORADORES

Os colaboradores do proxecto son:

o ALENTO, Asociación de Daño Cerebral
o AMARCARRIL, Asociación de Mariscadoras de Carril
o AMICOS, Asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual
o ANMUPESCA, Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca
o ASNAUGA, Asociación de Clubes Náuticos de Galicia
o Asociación Con Eles
o Asociación de Kayak de Mar Bueu
o Asociación de Rañeiros de Arousa
o Asociación Española de Basuras Marinas
o Asociación Rompetimóns
o BATA, Baión Asociación Tratamiento de Autismo
o CEMMA, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños
o CETMAR
o Club Náutico Portonovo
o Club Mergullo CROA Foto-Sub
o Club Subacuático Pérez-Sub
o Club Subacuático Sotavento
o Cofradía de Aguiño
o Concello de Vilagarcía de Arousa
o Consello Regulador do Mexilón de Galicia
o Escola de Capataces Forestais de Lourizán
o Espeleo Club Aradelas
o Federación Gallega de Actividades Subacuáticas
o Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra
o GALP Ría de Arousa
o GALP Ría de Pontevedra
o ICEMAR - Curso Especialista de Innovación Competitividad y Emprendimiento en torno al Mar da Universidade de Vigo
o IGAFA, Instituto Galego de Formacion en Acuicultura o INTECMAR
o Porto de Marín
o Portosub Centro de Buceo
o Reciclanoil S.L.
o SpainKayak
o Unión de Radioaficionados Estañoles, Estación Especial AN1WHC
o Universidade de Santiago de Compostela
o Universidadede Vigo
o WWF
o Xefatura Comarcal de Ribeira. Consellería do Mar

OBXECTIVOS

O principal obxectivo desta “II Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia” é o de recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do Parque Nacional desde a sustentabilidade, implicando na maior medida do posible á poboación local, sobre todo, do sector pesqueiro, ben sexa de modo individual ou por medio dos GALP. Tamén se traballará con investigadores de diferentes organismos e universidades galegas, así como con entidades do terceiro sector, centros de ensino, voluntarios, concellos, etc.

Todos eles integraranse na consecución dos seguintes obxectivos específicos:

1. Fomentar o coñecemento, a xestión e a conservación dos recursos biolóxicos mariños, especialmente na Red Natura 2000, das zonas mariñas protexidas conforme a Directiva Marco de la Estrategia Marina e doutros espazos e hábitats protexidos.
2. Recoller as artes de pesca perdidas e outros refugallos mariños.
3. Fomentar a participación dos pescadores na protección e recuperación da biodiversidade.
4. Mellorar o estado de conservación e a capacidade de renovación dos recursos naturais e a biodiversidade, facilitando o cumprimento de obxectivos ambientais establecidos a nivel internacional, nacional e autonómico.
5. Integrar a igualdade e a sustentabilidade na conservación da biodiversidade.

ACCIÓNS

1. Accións de xestión do coñecemento

Creación dunha comisión para a conservación do medio mariño: realizaranse varios encontros coas distintas confrarías de pescadores implicadas no proxecto e cos membros do sector científico para colaborar nunha serie de reunións informativas e de traballo cos sectores implicados na xeración de lixos mariños. Estes sectores ou puntos de xeración foron localizados nas mesas sectoriais levadas a cabo durante o ano 2018.
Con estas reunións e encontros agárdase ter informado ao sector, ao mesmo tempo que se redactarán documentos de boas prácticas, infografías ou materiais audiovisuais cos que difundir a mensaxe e tratar de xerar cada vez menos lixo mariño.

2. Accións de mellora do ecosistema: retirada dos residuos en fondos e praias

Actividades formativas teórico prácticas para retirada de lixos mariños en praias dirixidas a colaboradores do proxecto.
Acción de retirada de residuos nas praias das illas, e outros aureais na súa área de influencia de ser o caso, coa colaboración de voluntarios provintes de centros de ensino, asociacións, etc.
Sistema de mapeo de fondos cos pescadores e colaboradores do proxecto coa consecuente e retirada dos lixos dos mesmos.

3. Accións de comunicación e divulgación

a. Roldas e notas de prensa
b. Redes sociais
c. Materiais audiovisuais
d. Xornadas

4. Accións relativas aos principios horizontais

a. Execución do proxecto cun claro enfoque desde a sostibilidade.
b. Igualdade: fomentando a participación e visibilización das mulleres relacionadas co sector pesqueiro.

INFOGRAFÍAS

VERSIÓNS PARA IMPRIMIR

1. Boas prácticas na pesca para evitar os lixos mariños. [GAL] [GAL Comprimido] [ES] [ES Comprimido]
2. Consellos para evitar a chegada de lixo ao mar. [GAL] [GAL Comprimido] [ES] [ES Comprimido]
3. Os dez tipos de lixos mariños máis comúns no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia. Boas prácticas para reducilos. [GAL] [GAL Comprimido] [ES] [ES Comprimido]

VERSIÓNS PARA USO WEB

1. Boas prácticas na pesca para evitar os lixos mariños. [GAL] [GAL Comprimido] [ES] [ES Comprimido]
2. Consellos para evitar a chegada de lixo ao mar. [GAL] [GAL Comprimido] [ES] [ES Comprimido]
3. Os dez tipos de lixos mariños máis comúns no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia. Boas prácticas para reducilos. [GAL] [GAL Comprimido] [ES] [ES Comprimido]

CURTAMETRAXE "PONLE REMEDIO"

CURTAMETRAXE "ESCOITA O MAR, É A HORA DE ACTUAR"