Defensa da profesión

Tal como se recolle no artigo 6.2 dos Estatutos do Colexio, unha das funcións do COBGA é “exercer a representación e defensa da profesión de biólogo e dos seus intereses xerais ante os poderes públicos de Galicia e ante as restantes Administracións”.

Accións de defensa 2019

Durante este ano o Colexio está a desenvolver unha serie de accións destinadas á defensa da profesión de biólogo:

Novembro 2019

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Consellería de Educación (26 de novembro). O procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PTFP (especialidade de cociña e pastelaría, 591201) non inclúe a titulación de Bioloxía entre os requisitos de acceso. Envíase recurso de reposición contra a Resolución correspondente, solicitando se dicte unha nova na que se incorpore a titulación.

Director Xeral de Función Pública (11 de novembro). En relación co borrador da convocatoria para ingreso no corpo facultativo superior (escala de ciencias, especialidade bioloxía) da Administración especial da Xunta de Galicia, no noso escrito sinálase que debería terse en conta exclusivamente como requisito de participación a quen acredite posuír a titulación de Bioloxía, que no concurso se compute a experiencia en postos de persoal para os que se pedíu especificamente a titulación de Bioloxía. Tamén que na valoración da formación se teñan en conta os cursos organizados polos colexios profesionais e os masters oficiais das universidades (relacionados coa especialidade). Por último, unha maior concreción no temario no relativo ás referencias lexislativas. Copia do escrito envíase tamén ás organizacións sindicais presentes na mesa de negociación coa Administración, para que asuman o seu contido, se é o caso.

Obradoiros de Emprego (8 de novembro). Enviaronse escritos á Consellería de Economía, Emprego e Industria e ao Concellos de Ourense e a Mancomunidad Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense en relación ás convocatorias de obradoiros de emprego nas que para as prazas de director e docentes dos módulos: Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes non incluen a titulación de bioloxía.

Outubro 2019

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (25 de outubro). O contrato de asistencia técnica para a realización do estudo de alternativas e documento ambiental para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra inclúe un técnico ambiental de grao medio ou superior en enxeñería ambiental, con máis de 5 anos de experiencia xenérica e en redacción de estudos de impacto ambiental, para o que non admite biólogos. No escrito enviado ao Sr. Presidente infórmaselle destas irregularidades para que suspenda e/ou revise estes procedementos de licitación para que se centren na selección de perfís profesionais que mellor poidan asesorar na redacción dos documentos ambientais correspondentes. CHMS (30 de outubro). A Confederación rectifica o pliego e inclue aos biólogos entre os técnicos ambientais do proxecto.

Cursos mantemento instalacións susceptibles propagación lexionelose-2 (3 de outubro). Con motivo da resposta da D. X. de Saúde Pública, remitimos escrito ao Conselleiro de Sanidade, coa seguinte petición: "...solicitamos que repoña o estado da cuestión aos seus cauces naturais, e aos precedentes administrativos mencionados, recoñecendo en definitiva a titulación en bioloxía como formación acreditada e idónea para impartir os contidos dos cursos sobre o mantemento hixiénico-sanitario das instalacións susceptibles de propagar lexionelose, tal como se viña aceptando ata o de agora".

Setembro 2019

Cursos mantemento instalacións susceptibles propagación lexionelose-1 (16 de setembro). A Dirección Xeral de Saúde Pública contesta ao noso escrito de 19 de xullo nos seguintes términos "... os temas 5, 6 e 7 do programa que tamén tratan temas de tomas de mostras, céntranse no coñecemento das instalacións de risco de propagar a lexionelose (sistemas de auga quente sanitaria e fría, torres de arrefriamento, condensadores evaporativos, etc.), que requiren dunha formación en tecnoloxía do saneamento e circuítos hidráulicos, mais propia das titulacións técnicas, resultando imprescindible para garantir que o mantemento das instalacións é o axeitado..... A división do curso en 2 bloques e a separación das titulacións débese á necesidade de contar con formadores con coñecementos tanto na bacteria, na enfermidade e nos produtos de tratamento da auga, como nos aspectos técnicos das instalacións."

O CGCOB a instancia nosa remite escrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en relación a Orden de 27 de agosto de 2020 (11 de setembro), pola que se convocan bolsas de formación práctica para titulados universitarios na área de desenvolvemento rural, innovación e política forestal, na que exclúese aos biólogos, solicitando se modifique a convocatoria incluindo a nosa titulación.

Xullo 2019

Dirección Xeral de Saúde Pública Consellería de Sanidade (19 de xullo). No escrito enviado a respecto dos docentes do curso de mantemento de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, insístese en que no anexo de titulacións para impartir o bloque técnico faise referencia a enxeñerías industrial. química, agrónoma e agrícola, excluíndose a titulación de Bioloxía. "Entendemos inadecuado que para a realización de actividades como toma de mostras, controles analíticos, deseño, identificación de puntos críticos, etc. non se considere competente a titulación de Bioloxía, o que vulnera dereitos básicos deste colectivo".

Concello da Coruña (16 de xullo). Envíase escrito solicitando que na RPT do concello se inclúa a titulación de Bioloxía para acceder ao posto 1136 (Xefe de Sección de Biodiversidade), ata o momento restrinxido a outras titulacións. "Biodiversidade é un termo que significa diversidade biolóxica, que é precisamente obxecto de estudo, máis que en ningunha outra titulación, por parte da Bioloxía."

Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade (16 de xullo). O escrito enviado a respecto dos docentes do curso de mantemento de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, reclama que no anexo de titulacións para impartir o bloque técnico faise referencia a enxeñerías industrial. química, agrónoma e agrícola, excluíndose a titulación de Bioloxía. "Entendemos inadecuado que para a realización de actividades como toma de mostras, controles analíticos, deseño, identificación de puntos críticos, etc. non se considere competente a titulación de Bioloxía, o que vulnera dereitos básicos deste colectivo".

Xuño 2019

Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima. Enviamos escrito en relación a convocatoria de praza de Técnico Superior da Secretaría Técnica (REF: TSC2017), na que non admitense biólogos, solicitando se teña en conta a nosa titulación.

Servizo Galego de Saúde. A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convoca unha praza de Microbioloxía e Parasitoloxía. Poñémonos en contacto co SERGAS solicitando a modificación das bases no sentido de cambiar o requisito de “Licenciado ou graduado en medicina e ciruxía e o título da especialidade correspondente” por “Licenciado ou graduado e o título da especialidade correspondente”. O SERGAS corrixe a convocatoria.

Abril 2019

Listas interinidades e substitucións Profesores de Ensinanza Secundaria e Profesores Técnicos de Formación Profesional (9 de abril). Presentamos alegacións ao proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de Profesores de Ensinanza Secundaria, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, no sentido de incorporar, ademais das xa incluídas, a titulación de Bioloxía para acceder ás seguintes especialidades:
No Corpo de Profesores de Ensinanza Secundaria: Física e química, Tecnoloxía, Análise e química industrial, Hostalaría e turismo e Navegación e instalacións mariñas e no Corpo de Profesores Técnicos de FP: Cociña e pastelaría, Laboratorio, Operación de procesos e Servizos de restauración.

Diputación de Ourense (4 de abril). Presentamos recurso de reposición contra a resolución pola que se anuncia a Convocatoria para cubrir unha praza de técnico superior en prevención de riscos laborais para que se considere a nosa titulación (DOG do 6 de marzo de 2019).

Marzo 2019

Consellería de Educación (27 de marzo). Estase a tramitar nesta consellería un proxecto de orde, relativo ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Profesores de Ensinanza Secundaria e Profesores Técnicos de Formación Profesional (entre outros) para impartir as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación, en centros docentes da súa competencia. Envíanselles escritos á Sra. Conselleira e ao Sr. Director Xeral de Centros e RR. HH. para que nos consideren parte interesada no procedemento, para se nos de traslado de dito proxecto para poder formular as correspondentes alegacións.

Febreiro 2019

Especialidade de análise e química industrial do corpo de profesores de ensino secundario (25 de febreiro). A Resolución pola que se abre un prazo de solicitude de prazas de interinidades e substitucións nesta especialidade non contempla a titulación de Bioloxía entre as que se establecen como requisito. Envíaselle escrito ao Sr. Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación para que a inclúa. Simultaneamente, preséntase recurso de alzada (ou subsidiario de reposición) ante a Sra. Conselleira de Educación, co mesmo obxecto.

Xaneiro 2019

Centro Tecnológico del Mar- Fundación CETMAR (31 de xaneiro). A resposta da Sra. Directora ao noso escrito de 28 de decembro (EMODNET) asegura que "este proyecto está centrado en el análisis de datos socioeconómicos de diferentes fuentes de datos de varios países de la Unión Europea, así como a promoción y difusión de los mismos. (...) el objeto de este proyecto no se identifica con las funciones de su profesión, lo que viene a corroborar el que no se haya incluido su perfil dentro de las titulaciones requeridas en el anexo I de la convocatoria de la plaza".