Actualidade
O pasado venres 18 de novembro celebramos a Xornada de Formación para Opositores/as de Ensino Secundario de Bioloxía Na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Luis Fernández (on line) ofreceu un repaso xeral as convocatorias, Ana Penas falou da súa experiencia como opositora e actualmente xa funcionaria e Natalia Fernández explicou o punto de vista do tribunal, finalmente os/as asistentes fixeron as correspondentes preguntas aos relatores.
[18/11/22]O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia presentou o pasado 31 de outubro, no Centro de visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na cidade de Vigo, os resultados de "Stop and help!, que o lixo non chegue ao mar".
[31/10/22]UNIÓN PROFESIONAL DE GALICIA. Andrés Pilas (vogal) asistió, o pasado 25 de outubro,en representación do COBGA na Xornada "Convenio 190 OIT sobre violencia no traballo desde a visión dos Colexios Profesionais", organizado pola Unión Profesional de Galicia en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
[25/10/22]Xornada limpeza de lixo mariño en #praiaAmérica. Participaron: #ALENTO, #IESPAntónLosadaDieguez e COBGA co apoio do @ConcelloNigran para retirar 28 Kg de lixo. Dentro do proxectop #StopAndHelp do COBGA, beneficiario do programa #OTeuXacobeo da Xunta #Xacobeo2022
[13/10/22]Fantástica xornada de limpeza de #LixosMariños, na praia de #Ladeira (Baiona). Recolleron 43 kg de lixo (708 cabichas, 62 bastonciños,...) Participaron: #Avelaíña, Dar Máis, #CEPSabarís e @ConcelloBaiona #StopAndHelp proxecto do COBGA promovido pola Xunta- #OTeuXacobeo #Xacobeo2022
[28/09/22]Xornada de limpeza de #lixomariño, na praia de Camposancos-A Guarda. Colaboran: Anabam, Avelaíña, #CruzRojaBaixoMiño, #ConselloClimáticoXuvenildeAGuarda, San Xerome, C° A Guarda e O Rosal. StopAndHelp Proxecto do COBGA promovido pola Xunta- #OTeuXacobeo #Xacobeo2022
[21/09/22]Xornada de limpeza de lixo mariño en #Portecelo, (O Rosal). 218 Kg recollidos, grazas Asocaición A Jalleira e o @concellodorosal. Proxecto #StopAndHelp do COBGA promovido pola Xunta- #OTeuXacobeo #Xacobeo2022
[18/09/22]Diana Valverde vogal do COBGA asistiu ao acto de graduación do Dobre Grado en Química e Bioloxía.
[22/07/22]ACTOS DE GRADUACIÓN. O Decano D. José A. Fernández asistiu o 1 de xullo ao Acto de Graduación da X promoción de Grao en Bioloxía da Universidade de Vigo, o acto foi clausurado polo rector da Universidade D. Manuel Joaquín Reigosa
[01/07/22]ACTOS DE GRADUACIÓN. O pasado 11 de xuño o Tesoureiro, Fernando García participou no Acto de Graduación da X promoción do Grao en Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, acto que celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.
[11/06/22]O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) celebrou onte o Día do Biólogo 2022. Foron recoñecidos os/as colexiados/as que levan 25 anos inscritos/as. Tamén entregáronse o premios : Bióloga/o do Ano, Empresas e Institucións do Ano e Membros de Honra
- Bióloga/o do Ano
A Dª Marisa Castro Cerceda polo seus mais de 30 anos de traballo na investigación e divulgación no eido da micoloxía.
A D. Pablo Ramil Rego polo seus mais de 30 anos de traballo como botánico experto en ordenación do territorio, economía circular, lexislación ambiental e xestión de espacios protexidos.
- Premios Gran Empresa /Institución
Ao Grupo Zendal pola contribución da compañía desde a súa fundación, no ano 1939, á investigación e desenvolvemento de produtos inmunológicos e en especial de vacinas humanas e veterinarias, tanto clásicas como de tecnoloxía recombinantes e en recoñecemento do importante número de biólogos/as que traballan nela. Recolleu o premio D. Andrés Fernández Álvarez-Santullano, Director General del Grupo Zendal.
Ao INTECMAR en atención especialmente ao seus mais de 20 anos de traballo no control da calidade do medio mariño e control técnico-sanitario dos produtos do mar. Recolleu o premio Dª Covandonga Salgado Blanco, Directora do Intecmar.
- Premios PEME/Institución
A AllGenetics polos seus traballos punteiros en estudos xenómicos mediante o emprego da bioinformática e técnicas de secuenciación xenéticas, tanto a nivel nacional camo internacional e en recoñecemento do importante número de biólogos/as que traballan nela. Recolleu o premio D. Antón Vizcaino Hermida, Director do Laboratorio AllGenetics.
A Investigal en atención especialmente ao seu compromiso en prol do sector da investigación en Galicia. Recolleu o premio Dª Elena Lendoiro Belío Presidenta de Investigal.
- Membros de Honra
A Dª Mercedes Casal Jiménez pola súa relevante e notoria contribución ao desenvolvemento da profesión de biólogo como Decana do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, impulsando a profesión e a colexiación na nosa Comunidade e establecendo as bases do que é o Colexio actual.
A D. Pelayo Míguez Baños pola súa relevante e notoria contribución ao desenvolvemento da profesión de biólogo como Decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, levando ao Colexio a ser referente dentro dos Colexios de Biólogos a nivel nacional.
Finalmente viviuse un emotivo momento ao facer entrega o Decano dunha placa ao ex-xerente do COBGA, D. José Manuel Meléndez Ferro, en agradecemento polos seus máis de 25 anos aa frente da oficina colexial
Xornada saídas Profesionais na UVIGO. Celebramos a xornada o pasado 5 de maio, na Facultade de Bioloxía, coa prsenza da Decana de bioloxía Mercedes Gallardo, o Vicedecano do COBGA Pedro Pablo Gallego, e como ponentes participaron José Yriarte qu efalou do BIR, Manuel Rodríguez que falo a Xestión dos residuos e Tania Ballesteros que falou da Investigación en recursos mariños e acuicultura
[05/05/22]O Vicedecano Pedro Pablo Gallego , participou en Barcelona na Conferencia Española de Decanos de Biología en representación del Consejo General de Colegios de Biología, en ella se trató temas de interés para la Profesión
[29/04/22]AS CIENCIAS PERDEN, PERDEMOS TODOS. Tras a publicación da concreción da distribución de horas por materias, sen poder analizar os currículos educativos das materias (só existen a nivel estatal) a conclusión é: As ciencias perden, perdemos todos!. Nunha sociedade en pandemia con colectivos con pouca análise crítica e científico, que denostan as fontes oficiais e incluso mesmo a propia ciencia (antivacinas, etc), a Administración Pública baixa en todos os cursos o número de horas de ciencias. Análise por cursos da etapa obrigatoria (ESO e Bacharelato) en canto ádistribución de horas. [Más información]
[27/04/22]Xornada saídas Profesionais na UDC. Celebramos a xornada na Facultade de Ciencias, coa presenza do Decano Andrés , o pasado 22 de abril, participaron por parte do Colexio: David Velasco que falou do BIR, Xiana Pérez embriólogo e Pablo Fernandes Xerente do COBGA.
[22/04/22]Rematou este domingo en Oviedo a Olimpiada Española de Biología. Galicia obtivo nesta ocasión un excelente resultado, xa que Paulo Joaquín García Elexpuru IES Carlos Casares (Viana do Bolo) foi medalla de prata na XVII Olimpiada de Biología e, polo tanto, representará a España na XV Olimpiada Iberoamericana de Biología 2022-OIAB 2022 (Lima-Perú). Participaron nas probas tamén Denís Iglesias do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, e Vicente Bermúdez de Castro do IES Eusebio da Guarda de A Coruña.
[06/04/22]CONVENIO CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE. Renovamos o Convenio de Colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade co que se se compromete a apoiar a Olimpíada de Bioloxía, organizada pola OEB (Olimpiada Española de Biología) e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Entre outros compromisos está o de recoñecer ao profesorado participante con 15 horas de formación (25 horas para os asistentes a fase nacional).
[31/03/22]O pasado fin de semana os/as participantes no curso de iniciación ao naturalismo, organizado polo COBGA coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, realizaron as correspondentes prácticas no PN Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán
[26/03/22]Asistimos a toma de posesión do reitor da Universidade de Santiago de Compostela D. Antonio López, desexámoslle o maior dos éxitos no seu labor.
[22/03/22]O Concello de Santiago de Compostela invítanos a entrega de premios Árbol Europeo do Ano 2022, no que participa o Carballo de Conxo. Parabens! polo segundo posto.
[22/03/22]A ciencia ten a mellor resposta. Asistimos no Pazo de Fonseca ao acto "a ciencia ten a mellor resposta" no que os colexios profesionais sanitarios queren transmitir a ciudadanía a mensaxe da importancia de guiarse pola mellor evidencia científica disponible. Sesenta entidades entre facultades, colexios profesionais e academias científicas do ámbito sanitario de Galicia subscribiron un manifesto baixo o título "As respostas están na ciencia", no que nos ofrecemos como fonte de información activa e fiable, baseada na evidencia científica e o coñecemento máis consolidado. [Manifesto]
[04/03/22]Convenio GoBIR. Asinamos convenio con GoBIR, entidade dedicada á preparación da proba de acceso á Formación Sanitaria Especializada BIR (Biólogo Interno Residente), ofrece aos/ás colexiados/as do COBGA un desconto sobre o prezo normal de inscrición nas súas actividades de formación/servicios
[01/03/22]
Fase Autonómica Galega da Olimpíada de Bioloxía. Rematou onte venres na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña a
proba correspondente á Fase Autonómica Galega da Olimpíada de Bioloxía. Esta
foi xa a decimosetima edición do certame e nela participaron 30 estudantes
seleccionados previamente de os 168 inscrito na proba on line celebrada o 4
de febreiro.
Resultaron gañadores e representarán á nosa comunidade na fase nacional, que se celebrará en Oviedo, na Universidad de Oviedo, do xoves 31 de marzo ao domingo 3 de abril.
1º Paulo Joaquín García Elexpuru IES Carlos Casares (Viana do Bolo)
2º Vicente Bermúdez de Castro Rey IESP Eusebio da Guarda (A Coruña)
3º Denis Iglesias Montes IES Aller Ulloa (Lalín)
Os 3 seguintes substituirán aos primeiros en caso de non poder asisir
4º Martín Romero Muñiz IESP Eusebio da Guarda (A Coruña)
5º Carolina Balado Puentes IES Concepción Arenal (Ferrol)
6º Jeyko Maneiro Sanisidro IES Espiñeira (Boiro)
[19/02/22]
Convenio Fundación USAL. Asinamos convenio coa Fundación General de la Universidad de Salamanca, ofrece un desconto aos/ás colexiados/as nas súas actividades online sobre seguridade e calidade alimentaria.
[09/02/22]Segundo o artigo 11 da Lei 25/2009, de 22 de decembro, Lei Ómnibus, as organizacións colexiais estarán suxeitas ao principio de transparencia na súa xestión. Con este fin, cada unha delas deberá elaborar unha Memoria anual, que deberá facerse pública a través da súa páxina web no primeiro semestre de cada ano.