Certificación de Biólogo/a Sanitario/a do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos.

No Pleno do CGCOB do 19 de novembro de 2022, no punto 6 da orde do día, aprobouse a Certificación de Biólogo/a Sanitario/a (documento RS 119-22 CG), co obxectivo de regular esta actividade profesional.

Concederase a todos/as aqueles/as colexiados/as cunha colexiación mínima de 6 meses e que estean a exercer a súa actividade profesional en centros privados ou en centros, establecementos e servizos do Sistema Nacional de Saúde ou concertados con el; en centros de investigación sanitaria e en centros con docencia sanitaria así como aqueles centros públicos ou privados estranxeiros con actividade sanitaria recoñecida e desenvolvendo as funcións propias de biólogo/a sanitario/a. 

Finalidades do certificado:

1. A defensa dos intereses profesionais dos/as colexiados/as que desenvolven a súa actividade en centros sanitarios.
2. Protexer os intereses dos usuarios da sanidade atendidos polo noso colectivo.
3. Conseguir ser recoñecidos como Biólogos/as Sanitarios/as polo Ministerio de Sanidade.
4. Reunir as estatísticas e datos do número de biólogos/as que traballan en Sanidade (requirido pola administración)
5. Conseguir a inclusión no Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios (REPS), o que permitirá entre outras cousas a libre circulación en Europa.
6. Conseguir que os contratos laborais sexan como sanitarios e non doutro tipo, algo que ocorre frecuentemente.
7. Conseguir que se traballe libremente en Sanidade sen depender doutros profesionais sanitarios.
8. Nunha palabra, solucionar todos aqueles problemas que xurdisen na vida profesional sanitaria dos colexiados non recoñecidos como tales.

REQUISITOS para solicitar e obter a Certificación de Biólogo/a Sanitario/a: 

É imprescindible que, para a presentación da solicitude cúmpranse os seguintes requisitos: 

1. Estar en posesión dunha Licenciatura ou Grao en Bioloxía ou en calquera daquelas titulacións que se colexian nos Colexios territoriais. 

2. Estar colexiado/a na actualidade e desde hai polo menos 6 meses antes da solicitude da certificación.

3. Estar a traballar en activo como Biólogo/a nunha actividade sanitaria recoñecida, nun Centro segundo detállase a continuación: 

• Considéranse centros, servizos e establecementos sanitarios os que se recollen na clasificación que figura no anexo I do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios. 

• Considéranse centros de investigación sanitaria os acreditados como tal. 

• Considéranse centros docentes os centros de docencia regulados que impartan formación sanitaria. 

FORMULARIO a cumprimentar con documentación imprescindible. As solicitudes faranse vía telemática, cumprimentarase os seguintes datos e subindo os documentos solicitados: 

Datos solicitados e documentación:

1. Nome e apelidos 

2. Número de colexiado 

3. Centro de exercicio profesional 

4. Categoría profesional 

5. Certificado do Responsable do centro de traballo (Xerente, Xefe de Servizo, de Departamento etc.) no que se describa a actividade profesional realizada. 

6. Currículo NORMALIZADO (FECYT, Autonómico, Universidade ou similar). 

7. (OPCIONAL) Certificacións ou Acreditacións oficiais de Asociacións ou Sociedades profesionais, estatais ou autonómicas (AEGH, ASEBIR, ESHRE, ESHG, etc). (dixitalizados ou escaneados nun so documento en formato pdf)

8. Calquera outros documento que poida ser de utilidade en caso de dúbida.

O Colexio poderá solicitar calquera información ou documentación que considere necesaria para a xustificación dos requisitos presentados.

Taxa: 30 euros a ingresar na conta do COBGA, indicando o nome e apelidos do/a colexiado/a e “Certificado Biólogo/a Sanitario/a”.

A certificación de Biólogo/a Sanitario/a poderá ser emitida de maneira dixital e terá unha validez de 4 anos desde a súa data de emisión, debendo ser renovada transcorrido este prazo.