Póliza Seguro de Responsabilidade Civil

Prácenos comunicarvos que, despois de avaliar varias ofertas, o Colexio asinou un convenio de colaboración con Ferrer & Ojeda  Asociados, Correduría de Seguros, S. A. (F&O www.ferrerojeda.com) para a cobertura de seguros de responsabilidade civil (SRC) e outros, para os colexiados.

F&O é unha correduría con máis de 100 anos de experiencia no sector asegurador, independente de calquer grupo financeiro e especializada no colectivo de biólogos de España, xa que colabora tamén con outros COBs.

O SRC (que poderá ser suscrito a título individual ou de empresa) é un requisito cada vez máis esixido para a práctica profesional, polo que vos recomendamos que consideredes con atención as condicións que se ofertan, que, por certo, representan entre un 20 e un 25% de rebaixa como mínimo respecto á contratación independente. F&O, a  partir da experiencia co noso colectivo, estudará as solicitudes de ampliación de cobertura e mellorará, se é posible, as prestacións da póliza. Tedes máis información en http://www.ferrerojeda.com/es-ES/Biologos-Galicia.aspx, onde tamén poderedes solicitar orzamento para o voso caso, sen compromiso.