A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a
XIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Galega Autonómica)
baixo o patrocinio de, entre outros, da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

Rematou este domingo 15 de abril en Badajoz a Fase Nacional da Olimpiada Española de Biología. Galicia obtivo nesta ocasión un excelente resultado, xa que Pedro Vieites Pérez, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago foi un dos gañadores e polo tanto representará a España na XII Olimpiada Iberoamericana de Biología, a celebrar en Loja (Ecuador) entre o 9 e o 15 de setembro deste ano (na foto no centro).