Actualidade
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, convidado a participar nas Mesas Sectoriais e Territoriais relacionadas co Proceso de Participación Pública Activa da Directiva Marco da Auga, convocadas por Augas de Galicia, en xullo de 2010. Con este fin o COBGA designou unha representante experta. Por outro lado, outros colexiados tamén participan, pero en representación doutras entidades.
Avance do Regulamento de acceso ao Título Profesional de Biólogo Investigador.
Segundo o artigo 11 da Lei 25/2009, de 22 de decembro, Lei Ómnibus, as organizacións colexiais estarán suxeitas ao principio de transparencia na súa xestión. Con este fin, cada unha delas deberá elaborar unha Memoria anual, que deberá facerse pública a través da súa páxina web no primeiro semestre de cada ano.
O vídeo “La importancia de los lagartos en los ecosistemas insulares”, no que participa o noso compañeiro Luis Navarro, gañou o premio do público da prestixiosa revista The Scientist (nota de prensa). [03/09/10]
Presentouse o Anteproxecto da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (descargar pdf). [08/06/10]
Publicouse o novo Plan de Estudos de Graduado en Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (BOE nº 56, de 5/03/10) (descargar pdf). [08/06/10]
Publicouse o novo Plan de Estudos de Graduado en Bioloxía da Universidade da Coruña (BOE nº 131, de 29/05/10) (descargar pdf). [08/06/10]
Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela. [08/06/10]
Proposta de Campus do Mar da Universidade de Vigo. [08/06/10]